7.10.11
25.9.11
21.6.11
8.6.11
OS TRIBUNAIS DE SÁNCHEZ IZQUIERDO NON CUMPREN O REQUISITO DA PROFESIONALIDADE
A CIG manifesta a súa sorpresa e indignación pola composición dos tribunais do Proceso Extraordinario de Consolidación de Emprego para a provisión de vacantes por persoal fixo na CRTVG e nas súas sociedades, que non se axeita ao principio de profesionalidade establecido no artigo 61.1 do Estatuto Básico do Empregado Público.
Este principio significa que os membros dos órganos de selección deben posuír os coñecementos necesarios nas materias sobre as que versa o proceso de selección, que non son outros que os propios da especialización na comunicación audiovisual. Ningún dos membros titulares dos tribunais designados a dedo por Sánchez Izquierdo reúnen este requisito, a teor do perfil profesional dos mesmos.
A CIG lembra que a Dirección da empresa excluíu á representación sindical do proceso de designación dos órganos de selección (incumprindo o acordo de 9 de novembro de 2007) botando man dun informe da Dirección Xeral da Función Pública que interpreta que a redacción do apartado 3 do artigo 60 do EBEP exclúe as organizacións sindicais. Agora resulta que é o Director Xeral quen incumpre de forma flagrante o espírito e a letra do EBEP.
Esta decisión súmase a outras que a Dirección adoptou unilateralmente con anterioridade e que remata por minar a credibilidade do proceso de selección, xa que non garante os principios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e independencia.
18.5.11
AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL
Publicada resolución do 5 de maio de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria.
11.5.11
RECLAMACIÓN 5%
A CIG pon a disposición dos traballadores e traballadoras da CRTVG, TVG, e RTG un modelo de escrito de reclamación extraxudicial do 5%.
Este escrito, que se deberá presentar na Dirección de Recursos Humanos durante o mes de xuño, interrompe os prazos de prescrición e preserva o dereito a reclamar na vía xudicial as cantidades deixadas de percibir entre o mes de xuño de 2010 e maio de 2011.
Presentado o escrito ante a empresa, cómpre esperar ao que aconteza co caso da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (SODECO) no Tribunal Supremo. De ser favorábel esa sentenza aos/ás traballadores/as de SODECO, é cando se tería que tramitar a demanda na vía xudicial.