6.1.11

INCREMENTO SALARIAL NO 2011

A taxa de variación interanual do IPC do mes de decembro situouse no 2,9 %. A cláusula de revisión salarial establecida no artigo 58.7 do convenio colectivo prevé a compensación da diferenza entre o devandito índice e o incremento retributivo estipulado na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2010. En aplicación desta cláusula, a partir do 1 de xaneiro de 2011 o persoal laboral da CRTVG e as súas sociedades vería incrementado as súas retribucións no 2%. Se a Empresa se nega a aplicar este incremento aducindo a conxelación salarial establecida na Lei de orzamentos para o ano 2011(o que é moi probable), entón a representación sindical, unha vez máis, tería que interponer demanda de conflito colectivo diante do Tribunal Superios de Xustiza de Galicia para poder ver recoñecido ese dereito .