12.11.10

ELECCIÓNS DE DELEGADOS/AS SINDICAIS DA SECCIÓN SINDICAL DA CIG NA CRTVG, RTG E TVG

As votacións celebraranse entre as 12:30 e as 17.30 horas do luns 15 de novembro de 2010, no local da sección sindical da CIG na CRTVG (Bando-San Marcos S/N, 15820-Santiago de Compostela. Teléfono 981.540.805).

O censo electoral da afilización expoñerase na sección sindical da CIG entre as 12 e 13:30 horas do día 12 de novembro e entre as 11 e 12 horas do día 15 de novembro de 2010. Os mesmos días ás mesmas horas poderanse consultar as candidaturas

5.11.10


20.10.10

Representantes sindicais da CRTVG defenden o futuro dos medios públicos galegos na permanente do Consello Asesor do Audiovisual

Concentráronse o martes 19 de outubro diante do Parlamento de Galiza e non descartan novas mobilizacións

27.9.10

A CIG CHAMA Á MOBILIZACIÓN POLA DEFENSA DA PRODUCIÓN E O EMPREGO

Ante as últimas publicacións sobre unha presumible privatización parcial da CRTVG, e presupoñendo a súa certeza, a CIG

...REXEITA tallantemente calquera proposta de privatización parcial ou total da CRTVG e as súas sociedades.

....DEFENDE uns medios de comunicación públicos de Galicia fortes e con capacidade de produción en todas as súas áreas : informativos , programas , xestión, operacións....

....CHAMARÁ á mobilización dos traballadores/as para defender a produción propia, a consolidación de todos os postos de traballo, e a actual dimensión da CRTVG.

25.9.10

Consecuencias da nova reforma laboral para os dereitos da clase traballadora

http://www.galizacig.com/avantar/novas/21-9-2010/consecuencias-da-nova-reforma-laboral-para-os-dereitos-da-clase-traballadora

A CIG chama a participar nas manifestacións que se celebrarán por todo o país o día da folga xeral

Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Foz, Noia e Cee acollerán marchas o 29 de setembro.

A Confederación Intersindical Galega anima a todos os traballadores e traballadores de Galiza, así como á cidadanía en xeral, a participar nas manifestacións convocadas pola central nacionalista para o mesmo día da folga xeral. Deste xeito, as rúas de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Noia, Foz e Cee acollerán marchas reivindicativas o vindeiro 29 de setembro.

Os horarios das distintas mobilizacións programadas pola CIG para rexeitar a reforma laboral do Goberno español e reclamar outro modelo económico e social máis xusto e solidario son os seguintes:

-A Coruña, 12.00 horas, Praza de Vigo.

-Compostela, 12.30 horas, Praza Roxa.

-Ourense, 12.00 horas, Pavillón dos Remedios.

-Lugo, 12.30 horas, parque de FRIGSA.

-Ferrol, 12.30 horas, avenida de Esteiro (locais da CIG).

-Pontevedra, 12.00 horas, Praza da Ferrería.

-Vigo, 12.00 horas, cruce da Doblada.

-Foz, 18.00 horas, diante de Facenda.

-Vilagarcía, 12.00 horas, Casa do Mar.

-Noia, 12.30 horas, rotonda de San Lázaro.

-Cee, 12.00 horas, Praza 8 de Marzo.

18.9.10

ENTREVISTA AO SECRETARIO XERAL DA CIG, SUSO SEIXO, CON MOTIVO DA CONVOCATORIA FA FOLGA XERAL

"Temos que ser conscientes de que ou se dá unha resposta contundente o día 29 ou será imposíbel frear a perda de dereitos"

16.9.10

21.6.10

REDUCIÓN SALARIAL DO 5%

O vindeiro 22 de xuño a Xunta somete a debate e aprobación do Parlamento de Galiza a lei que consuma o recorte do 5% da masa salarial dos seus empregados e empregadas públicos.

Esta lei non se limita a traspoñer a Galiza o Real Decreto-lei 8/2010 aprobado Estado, que na súa disposición adicional novena exclúe “o persoal laboral non directivo das sociedades mercantís”, senón que vai máis alá e inclúe no seu ámbito de aplicación todas sociedades mercantís públicas dependentes da Xunta .

Deste xeito, mentres no Estado español a RTVE non se lle aplica, en Galiza aos traballadores e traballadoras da RTVG si nos vai afectar a redución salarial do 5%.

A CIG reitera a súa oposición a estas medidas que toman aos empregados e empregadas do sector público como cabeza de turco para pagar as consecuencias dunha crise que non provocaron e que supoñen un grave deterioro das nosas condicións de vida.

Por iso, desde CIG, faise un chamamento á participación nas mobilizacións e cantas medidas se propoñan en contra destes recortes salariais.

16.6.10

A CIG CONVOCA MOBILIZACIÓNS NAS CIDADES GALEGAS

XOVES 17 DE XUÑO, CONTRA A REFORMA LABORAL

http://www.galizacig.com/avantar/novas/10-6-2010/a-cig-convoca-mobilizacions-nas-cidades-galegas-o-xoves-17-de-xuno-contra-a-reforma-


LUGAR E HORA DAS DISTINTAS MOBILIZACIÓNS:

-Vigo: Vía Norte ás 20.00 horas.

-A Coruña: Praza da Palloza ás 20.00 horas.

-Santiago de Compostela: Praza Roxa ás 20.30 horas.

-Pontevedra: Praza da Ferrería ás 20.30 horas.

-Ferrol: Avenida de Esteiro (local da CIG) ás 20.00 horas.

-Lugo: Parque de FRIGSA ás 20.00 horas.

-Ourense: Pavillón dos Remedios ás 20.00 horas.

-Vilagarcía de Arousa. Casa do Mar (Avenida da Mariña) ás 20.30 horas.

14.6.10

CALUMNIA… QUE ALGO QUEDA !

A CIG desminte categóricamente as calumnias que se verten nalgúns foros, e que se intentan difundir como rumor, sobre o comportamento da representación sindical durante a folga do día 8.

Polo menos no que atinxe ós membros dos Comités de Empresa e delegados sindicais da CIG, NINGUÉN pediu horas sindicais nesa xornada co ánimo de que non lle desconten o día na nómina.

Os membros da CIG que teñen liberación, presentaron o día 7 un escrito á Dirección de Recursos Humanos, manifestándolle que estarían en folga a todos os efectos.

Os representantes deste sindicato que teñen horas sindicais, foron á folga, pero NINGÚN pedíu o disfrute desas horas.

TODOS os membros da CIG dos diferentes Comités que, tendo horario de semana, podían participar na folga, fixéronno e verán descontada na nómina esta xornada, como o resto dos compañeiros que a secundaron.

Facer esta acusación xenéricamente contra os “sindicalistas”, contra os traballadores con representación sindical, é unha calumnia que amosa a pasta da que están feitos/as os seus autores/as.

A CIG responde só da actuación dos seus membros.

5.6.10

A CIG CHAMA AOS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS/AS A DEFENDER OS SEUS DEREITOS E DIGNIDADE PARTICIPANDO NA FOLGA DO DÍA 8 DE XUÑO

En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos


A CIG fai un chamamento aos traballadores e traballadoras da CRTVG, RTG e TVG a participar na folga convocada en toda Galiza en defensa dos salarios, do emprego, dos servizos públicos e da súa dignidade como traballadores/as que prestan uns servizos útiles e necesarios para a sociedade. A CIG manifesta que non se pode consentir que o goberno de turno tome a estes traballadores/as como cabeza de turco para pagar as consecuencias dunha crise que non provocaron e alerta de que se non hai unha resposta contundente, as medidas que se apliquen poderían ser aínda máis fortes.

Conxelación salarial; recortes para acceder á xubilación parcial; recortes nos gastos sociais para acceder a prestacións derivadas da Lei de Dependencia; limitación da capacidade de endebedamento das corporacións locais para 2011; diminución das retribucións das empregadas e empregados públicos no 5% da masa salarial... Estas son algunhas das medidas que se veñen de aprobar e ás que a CIG xa manifestou, desde o primeiro momento, a súa total oposición.

Medidas que supoñen un grave deterioro das condicións de vida das empregadas e empregados públicos e tamén dos traballadores/as do sector privado, pensionistas, dependentes...; que provocarán un considerábel aumento da fenda existente entre a clase traballadora e os que representan aos poderes económicos; un retroceso da situación económica, polo seu impacto negativo no consumo e na actividade produtiva e que, no seu conxunto, provocarán un grave deterioro das condicións de vida e traballo.

Medidas que para a CIG, aumentarán as diferencias sociais entre os máis ricos e os máis pobres e que favorecen unha maior inestabilidade na sociedade.

Por iso, desde CIG faise un chamamento á participación activa na folga prevista para o vindeiro día 8 de xuño.

28.4.10

1º DE MAIO

Non á política de pacto social
Emprego e salarios dignos

O déficit público que o pague o capital
REFORMA FISCAL XA!!!

PANFLETO

MANIFESTACIÓNS

Vigo, ás 12:00 h. con saída do Cruce da Doblada.

Coruña, ás 12:00 h. con saída da Praza de Vigo

Santiago, ás 12:30 h. con saída da Praza Roxa

Pontevedra, ás 12:30 h. con saída da Praza da Ferrería

Ferrol, ás 12:00 h. con saída da Avda. de Esteiro

Lugo, ás 12:30 h. con saída da Ronda da Muralla

Ourense, ás 12:00 h. con saída do Pavillón dos remedios

Ribadeo, ás 12:30 horas, con saída do Edificio Sindical

22.4.10

EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
Manifestación

Domingo 25 de abril de 2010
12h Alameda (Compostela)

Manifesto

15.4.10

"A POLO GHIT" OU "VASACARNOTA"?

As formas, unha vez máis, perden á Radio Galega


A Lei de Creación da CRTVG establece :

1.3.A Compañía de Radio-Televisión de Galicia promoverá activamente o desenvolvemento da sociedade da información, participando no progreso tecnolóxico, utilizando tódalas formas e medios de distribución, expresión e linguaxe, así como as novas técnicas de producción e de difusión de programas de comunicación audiovisual, e desenvolvendo novos servicios, incluídos os dixitais e en liña, susceptibles de enriquecer ou completa-la súa oferta de programación, dentro do marco estatutario de Galicia.

¿Estará esta actuación da Radio Galega (http://www.vieiros.com/nova/79106/a-radio-galega-tenta-sen-exito-apropiarse-de-a-polo-ghit ) entre esas…. novas técnicas de producción e de difusión de programas .?

Agora disque….”unha Radio Pública non se pode vincular cun medio privado”. ¡¡Como se na Radio e na TV públicas de Galiza non houbera externalización de servizos!!

Se a Radio Galega non quere reeditar o A POLO GHIT con Vieiros é moi libre de non facelo, pero o que non pode facer é tentar apropiarse dunha marca que non lle corresponde.

Quen é o/a responsábel desta trapallada?.

29.3.10

A CIG RECORRE A EXTERNALIZACIÓN DOS DIRECTOS


O pasado 9 de marzo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola CIG de impugnación do concurso público para a prestación do servizo de conexións en directo para TVG, S.A. (expte. 2010/S 1-000699).


A CIG ven reclamando dende hai tempo que tanto os directos como as delegacións se presten pola radio e a televisión públicas de Galiza con medios humanos e técnicos propios. A defensa da produción propia na área de informativos asegura a creación de postos de traballo estables e con iso a calidade da información, elemento chave da identidade do servizo público de radiodifusión e televisión.


A CIG anuncia que, de prosperar este recurso, seguiranlle outros contra actos administrativos que impliquen a externalización dos servizos informativos, nomeadamente das delegacións, (sen prexuízo da súa extensión a outros servizos estruturais) se a Dirección da empresa teima nesa vía e non accede a negociar a estrutura territorial da Radio Galega e a Televisión de Galiza, segundo o establecido na disposición adicional terceira do convenio colectivo.

9.2.10

A CIG AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN E INDIGNACIÓN ANTE AS AMEAZAS VERQUIDAS POLA SUBDIRECTORA DE CONTIDO NA REDACCION DA RADIO GALEGA.


Esixe ó Director Xeral e á Xerencia que se normalice e reconduza a actuación do equipo directivo da Radio.


A COORDINADORA da CIG viña prestando especial atención á situación creada nos departamentos de Informativos e Programas durante as últimas semanas, sobre todo a raíz das mobilizacións contra o Decreto do Plurilingüismo. Tras debater sobre os feitos relatados por algúns dos seus membros e corroborados por diferentes testemuñas de traballadores , acordou propor ó Comité de Empresa a aprobación dun escrito denunciando a situación. Pero por diferentes causas alleas á vontade desta Coordinadora, o Comité non se reuniu este pasado xoves como adoita facer e como estaba convocado.

Daquela a CIG considera que non se pode agardar máis para reaccionar ante uns feitos que consideramos graves e que expomos de contado. Na xuntanza de hoxe a CIG ACORDOU:

…Lamentar e condenar as ameazas que a Subdirectora de Contido, Rosa Sierra, lanzou a toda a redacción, de viva voz , nun intento de meterlle medo ós traballadores que “ousen” falar de vetos ós redactores. As súas palabras ,dirixidas á toda redacción , ... “a partir de ahora voy a vetar de verdad” , nun ton exaltado e ameazador, non se poden consentir nunha empresa cunhas relacións laborais ordenadas e razoables. Por se non abondase , ó dia seguinte chegou a repetir a advertencia : …”Hasta ahora fuí una señora. A partir de ahora se van a cagar” frase pronunciada nunha conversa cun traballador pero en ton moi alto e perfectamente audible en boa parte da redacción, con clara intención de que todos a escoitasen. Os feitos descualifícanse de seu e non pasarían de ser unha lamentable “saída do testo” se non fose porque representan un intento de asustar ós traballadores ós que se considera co-partícipes do “pecado” de preguntar polos motivos dunha decisión da Dirección. Estas ameazas son , ademais , un ataque á independencia profesional dos xornalistas , incompatible coa propia existencia dun medio público como a Radio Galega.

…Este episodio complétanse co tratamento informativos que tivo todo o referido ó polémico Decreto, tratamento no que a RG amosou, unha vez máis, que está só para servir ós intereses da Xunta. Poderase negar esta afirmación , pero a realidade é teimuda en demostralo. Dende entrevistas a eito a prol do decreto , con preguntas do entrevistador cargadas de opinión, ata intentos de impoñer convidados en determinados programas , pasando por ordes para abrir as información con determinadas frases, compuxeron un panorama de manipulación informativa só superado coa propia noticia do día da manifestación contra o Decreto . Chegouse a facer “contra-información preventiva” : na véspera da protesta, o Redactor Xefe xa tiña escrito un texto con cortes de voz de persoas opostas á xornada de folga no ensino. Se os convocantes non tiveron voz para falar da incidencia do paro, si falaron un representante dunha ANPA e o secretario dun CEIP , que , a título particular , amosaron a súa oposición á folga.

E nestes días as medidas de control sobre o que escribe o persoal , subiron un grao : ós traballadores de programas e ás delegacións, obrígaselles a escribir no sistema aberto, algo que se levaba pedindo dende hai tempo por necesidades operativas. Pero adoptar agora esa decisión parece obedecer a un intento dos xefes por aumentar o control preventivo da censura , máis que por soluciona-los problemas que había de acceso á información. Resulta particularmente rechamante que estas actuacións partan da Directora de Contido e do Redactor Xefe, dúas persoas que ata hai pouco tempo tiñan responsabilidades ó máis alto nivel na representación dos traballadores : presidenta do Comité de Empresa e Delegado Sindical, respectivamente.

… A Coordinadora da CIG considera que sería fundamental, para tratar de atallar esta desfeita na política informativa da RG , botar a andar , dunha vez por todas, os Consellos de Redacción ,cuxa constitución está dende sempre recollida nos distintos Convenios Colectivos da CRTVG. E nese senso lembrámoslle ó Director Xeral que moitos dos membros do seu actual equipo directivo na TVG foron arduos defensores , radicais reclamantes , da creación deses Consellos. Nas súas mans está, agora, facelo. Nese labor pode contar con este sindicato.


Acórdase dar publicidade a este escrito e remitirlle copias ó Director Xeral e á Directora Xerente da Radio Galega, como responsables últimos de todo o aquí recollido, facéndolles a petición de que reclamen dos seus mandos intermedios un pouco de sosego e sentidiño, un chisco máis de profesionalidade e o respecto á liberdade no exercicio xornalístico dos seus locutores e redactores. Seguiremos tentando que o Comité de Empresa se pronuncie sobre a situación.

6.2.10

A CIG PIDE Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO QUE MIGUEL TÚÑEZ CESE NA SÚA PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS Á RADIO GALEGA


A Confederación Intersindical Galega (CIG) solicita ao Rector da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que requira a José Miguel Túñez López, funcionario do corpo de profesores titulares de universidade e ex decano de Ciencias da Comunicación, para que cese inmediatamente na súa prestación de servizos profesionais para a Radio Galega (RG), consistentes na dirección e presentación do programa A Tarde, por tratarse dunha conduta prohibida pola Lei de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

En data 19 de novembro de 2009, a Inspección Provincial de Traballo e Seguranza Social da Coruña practicou acta de infracción, ao considerar que José Miguel Túñez López, funcionario do corpo de profesores titulares de universidade con destino actual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), fora cedido ilegalmente á empresa Radio Televisión Galicia, S.A. (RTG, S.A.).

Malia que a citada acta da Inspección de Traballo foi notificada tanto á RG como, presumiblemente, á USC, Túñez López continúa a día de hoxe a simultanear as súas funcións como profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, onde imparte a materia de Produción da Información da Licenciatura en Xornalismo, e como director e presentador do programa «A Tarde», prestando os seus servizos profesionais nas instalacións da RTG, S.A, habitualmente en xornada de 12.00 a 19.00 horas, de luns a venres.

A declaración, por parte da Inspección Provincial de Traballo e Seguranza Social, da existencia de cesión ilegal dun empregado público da USC –e, como presuposto xurídico desta, dunha relación laboral entre Túñez López e a RG– determina a aplicación da Lei de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, cuxo artigo 1.1 dispón que: «El personal comprendido en el ámbito de aplicación de esta Ley no podrá compatibilizar sus actividades con el desempeño, por sí o mediante sustitución, de un segundo puesto de trabajo, cargo o actividad en el Sector Público, salvo en los supuestos previstos en la misma».

A CIG advirte á USC que, no caso de non obter resposta favorábel á súa petición, adoptará as accións administrativas e penais que procedan contra as autoridades e funcionarios do USC responsábeis do incumprimento, con base no disposto no artigo 19.3 do Real Decreto 898/1985, do 30 de abril, conforme ao cal: «Las autoridades académicas, sea cual fuere su rango o cargo, que toleren o encubran la realización de actos o conductas constitutivas de falta disciplinaria, incurrirán en responsabilidad y se procederá a las actuaciones previstas en el ordenamiento jurídico para su corrección».

A CIG tamén solicita ao Reitor da USC que, de non acatar Túñez López o anterior requerimento, incoe expediente disciplinario pola comisión dunha infracción administrativa moi grave en materia de incompatibilidades, consoante ao artigo 18.2 do Real Decreto 898/1985, do 30 de abril.