8.2.12

DURAS MEDIDAS CONTRA EMPREGADOS/AS PÚBLICOS/AS

Esta semana a conselleira de Facenda entregou ás federacións da Área Pública o ANTEPROXECTO DE LEI DE MEDIDAS NO EMPREGO PÚBLICO, cunha serie de disposicións que implican un duro recorte das condicións laborais e salariais do persoal de todo sector público autonómico, incluída a CRTVG e as súas sociedades.
- Eliminación do complemento de incapacidade temporal nos casos de accidente ou enfermidade común de duración inferior a 21 días (Abonaríase o 100% das retribucións só nos casos de accidente de traballo, enfermidade profesional e maternidade).
- Incremento da xornada ordinaria semanal ás 37 hora e 30 minutos.
-
Redución da xornada coa correspondente redución proporcional de retribucións, co límite máximo dun terzo da xornada, ao persoal interino e temporal.
- Suspensión da concesión de calquera axuda derivada do capítulo de acción social.
Estas duras medidas súmanse ás xa aprobadas polo Goberno do Estado o 30 de decembro para o ano 2012.
- Conxelación salarial.
- Suspensión das achegas empresariais ao plan de pensións.
- Prohibición de incorporación de novo persoal mediante oferta de emprego público ou instrumento similar.
Cómpre responder a estas agresións aos/ás empregados/as públicos/ás, xa que supoñen unha regresión en canto a dereitos adquiridos (algúns deles consolidados desde os anos 60 e 70 do século pasado), como é o complemento das baixas por enfermidade. No caso da CRTVG, de se aprobar esta Lei, o convenio colectivo en vigor quedaría en papel mollado xa que as disposicións
recollidas incumpren moitos dos acordos recollidos nel.

CONCENTRACIÓN EN SAN CAETANO, XOVES 9 ÁS 11:30 HORAS
MOBILÍZATE!!!