As formas, unha vez máis, perden á Radio Galega
A Lei de Creación da CRTVG establece :
1.3.A Compañía de Radio-Televisión de Galicia promoverá activamente o desenvolvemento da sociedade da información, participando no progreso tecnolóxico, utilizando tódalas formas e medios de distribución, expresión e linguaxe, así como as novas técnicas de producción e de difusión de programas de comunicación audiovisual, e desenvolvendo novos servicios, incluídos os dixitais e en liña, susceptibles de enriquecer ou completa-la súa oferta de programación, dentro do marco estatutario de Galicia.
¿Estará esta actuación da Radio Galega (http://www.vieiros.com/nova/79106/a-radio-galega-tenta-sen-exito-apropiarse-de-a-polo-ghit ) entre esas…. novas técnicas de producción e de difusión de programas ….?
Agora disque….”unha Radio Pública non se pode vincular cun medio privado”. ¡¡Como se na Radio e na TV públicas de Galiza non houbera externalización de servizos!!
Se a Radio Galega non quere reeditar o A POLO GHIT con Vieiros é moi libre de non facelo, pero o que non pode facer é tentar apropiarse dunha marca que non lle corresponde.
Quen é o/a responsábel desta trapallada?.