Historicamente o poder político tratou de convencernos de que a normativa e os procedementos administrativos ordinarios son ríxidos e inadecuados e, polo tanto, restan eficacia á acción do Estado no ámbito da actividade económica ou da prestación de determinados servizos públicos. Xustificou así a fuxida da Administración ao Dereito privado mediante a creación de empresas mercantís e outras entidades que integran o que se deu en chamar “administración paralela”.
Porén, algúns autores sosteñen que esta tendencia provoca moitos dos males que con razón se denuncian do Estado, como son o exceso de gasto e a corrupción. Comentan o informe do Tribunal de Contas sobre a xestión do Ente público RTVE entre 1991 e 1995, no que se denuncian malas contabilizacións de gastos, irregularidades na contratación do persoal e de servizos externos, contratos blindados, malgasto na compra de producións alleas, ocultacións de contratos á Intervención delegada, etc. Nese período o Ente público RTVE perdeu máis de 400.000 millóns de pesetas.
Irregularidades como as descritas, denunciadas tamén na xestión da CRTVG, cuestionan a suposta eficacia da Administración ao someterse ao ordenamento xurídico privado. Mais o que parece claro, conclúen, é que a creación de empresas públicas aumenta os ámbitos de poder dos gobernantes non suxeitos a control, o que constitúe unha forma eficaz de recompensar e colocar aos adeptos e mesmo de financiar aos partidos políticos.
No marco da reforma dos medios públicos en Galiza, son oportunas estas reflexións, que acreditan no sometemento pleno da CRTVG e as súas sociedades ao Dereito público, garantindo así os principios de igualdade, non discriminación, obxectividade, transparencia, libre concorrencia, eficiencia e economía en materia de gasto público, selección de contratistas ou contratación de persoal. O compromiso de cambio político que os actuais gobernantes adquiriron coa cidadanía galega así o demanda.